Asociación Cultural Aikikai de Galicia

Integrada na Asociación Cultural Aikikai de España (ACAE), promovida polo mestre Yasunari Kitaura, a Asociación Cultural Aikikai de Galicia (ACAG) ten como obxectivo a difusión e práctica do Aikido na nosa Comunidade.

O seu xérmolo foron as primeiras clases en Santiago de Compostela a mediados dos oitenta co discípulo de Kitaura Juan López Rico (6º dan) de profesor e alumnos, xa desde o primeiro día, como Esther Martínez Ansemil (5º dan), que manteñen ambos a ensinanza desta disciplina hoxe en Compostela.

Co andar dos anos, chegado xa como aikidoca de Valencia, instálase en Galicia Juan Latorre (5º dan), que dirixe desde entón o grupo que creou en A Coruña e, máis adiante, fórmanse agrupacións de Aikido en Ribadeo, con Jesús Menéndez (3º dan), e en Vigo, con Marcos Prada e Óscar Quián, (ambos 2º dan).

Forman parte da Asociación Cultural Aikikai de Galicia:

Aikido Santiago

Centro Vitalia – Ave. de Lugo 8, baixo – Santiago de Compostela

Profesor: Juan López Rico 6º Dan Aikikai

Clases: mércores e venres de 20:00 a 21:30

Teléfono: 881 255 152

Contacto: www.centrovitalia.com

https://aikidocompostela.wordpress.com/

Aikido Coruña

Sagrada Familia. Rúa Sagrada Familia, 26-baixo – A Coruña

Profesor: Juan Latorre 5º Dan Aikikai

Clases: luns e mércores: 21:00-22:30 horas

Contacto: galiciaikido@gmail.com

https://galiciaikido.wordpress.com/

Aikido Vigo

Complexo deportivo das Travesas – Avenida Castrelos , 1 – Vigo

Clases: martes e xoves de 21:00 a 22:00

Profesores: Marcos Prada 2º Dan Aikikai / Óscar Quián 2º Dan Aikikai

Teléfono: 677355936

Contacto: marcospradaarias@gmail.com

Aikido Ribadeo

Pavillón Polideportivo de Ribadeo – Avenida de Luarca S/N – Ribadeo (Lugo)

Clases: xoves de 19:00 a 21:00

Profesor: Jesús Menéndez 3º Dan Aikikai

Teléfono: 627844452

Contacto: jmjmenendez1@gmail.com

Advertisements