- Juan López Rico, 6º Dan
É discípulo do mestre Yasunari Kitaura, introductor do Aikido en España, con quen se iniciou na práctica desta disciplina en 1972. Desde mediados dos oitenta ensina en Santiago de Compostela e é presidente e cofundador da Asociación Cultural Aikikai de Galicia, integrada na Asociación Cultural Aikikai de España (ACAE), que encabeza Kitaura Sensei.
- Esther Martínez Ansemil, 5º Dan
Practica Aikido desde 1985, cando se creou o primeiro grupo desta disciplina en Santiago de Compostela (ACAG), da que foi principal impulsora e é secretaria na actualidade, así como asidua participante nos cursos do mestre Kitaura.
- Analía Tuñas, 4º Dan
Iniciouse na práctica do Aikido en 1987, no recén constituido grupo compostelán e foi tamén profesora de Aikido durante os anos 1992-1996 en Noia.