¿Qué é o aikido?

O Aikido tense definido como unha magnífica síntese das Artes Marciais xaponesas. É a máis recente destas disciplinas tradicionais e foi fundada por Morihei Ueshiba na primeira metade do século XX.

Entroncada na esencia do Budo, representa probablemente a derradeira manifestación desta tradición secular, que xurdiu e desenvolveu nun tempo e lugar alleos á nosa realidade e co obxectivo de vencer en combates que tampouco son de hoxe. Ao longo do tempo, estas disciplinas evoluiron para trascender a mera victoria física sobre un oponente e afondar no entendemento de nós mesmos, da relación cos demáis e coa natureza da que formamos parte tamén.

Como arte marcial, o Aikido é un sublime e coherente sistema de defensa fronte a calquera clase de agresión física. Basease na confluencia co movemento que se inicia no ataque, de maneira que o noso centro enerxético se sume a el, absorva o do atacante, e pase a ser o centro único, que resolverá o conflicto sen dañar ao adversario.

Polo tanto, as case ilimitadas formas das técnicas do Aikido que se practican para avanzar no coñecemento desta disciplina son un medio para facer real e chegar a sentir esa unificación e control do propio movemento e o do atacante, para captar o sentido esencial do Aikido como arte marcial, dirixido desde o noso centro, cinco dedos baixo o embigo, sen pasar polo cerebro, aprendido a través da pel. Por iso é tan importante o aprendizaxe baseado na permanente repetición das técnicas, do constante perfeccionamento, como unha tarea inacabable.

Esa mesma idea está no espíritu do Aikido, de harmonía con nós mesmos, na relación cos demáis e coa natureza. Se un guerreiro tiña que coñecer os recursos da natureza para sobrevivir, a evolución foi dese coñecemento a sentirse parte da mesma natureza, como unha planta, como parte da mesma materia que o universo.

O Fundador do Aikido, Morihei Ueshiba (1883-1969) foi probablemente o derradeiro representante daquela tradición, e, anque a súas expresións son “locais” e xurden dunha cultura e nunha sociedade que non son as nosas, a súa grandeza é precisamente a universalidade e actualidade das súas ideas, que se plasman e entroncan con naturalidade en expresións próximas e actuais.

O Aikido chega a España da mán do Mestre Yasunari Kitaura, discípulo de Morihei Ueshiba e do seu fillo, Kisshomaru Ueshiba.

Kitaura (Shihan, 8º dan de Aikido) é licenciado pola Universidade de Waseda (Tokio) e doutor pola Universidade Complutense de Madrid e historiador da arte. Reside en España desde 1967 e na actualidade dirixe a Escola Ametsuchi e a Asociación Cultural Aikikai de España (ACAE).

O seu amplo coñecemento da cultura xaponesa e oriental, ten escrito un manual de arte chinés, e da occidental, pola súa propia especialización académica e longos anos de estudio, é a ponte ideal para trasladarnos o auténtico Aikido, tanto na súa plasmación técnica como na súa esencia.

Advertisements